Subvencións Plan de transición a unha mobilidade eficiente - 2019
- 08/07/2019
- 06/11/2019
-
Etapa
IN421U - Subvencións Plan de transición a unha mobilidade eficiente 2019
Data de publicación: 8 de xullo de 2019
Data de inicio solicitude: 30 de xullo de 2019
Data de remate solicitude: Ata esgotar os fondos (máximo 15 de octubre de 2019) Ampliado ata o 6 de novembro de 2019
Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións, en condición de réxime de mínimis, para a adquisición no ano 2019 de vehículos de transición a unha mobilidade eficiente por parte de persoas físicas e empresas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos nas bases e na convocatoria publicadas.
Características da axuda
Será subvencionable a adquisición de vehículos novos M1 ou N1 de transición a unha mobilidade eficiente cun custo inferior ou igual a 40.000 € (impostos incluídos) e sendo obrigatorio o achatarramento dun vehículo M1 ou N1 de máis de 10 anos. Unha persoa física solo poderá adquirir un único vehículo M1 ou N1, por DNI.
Cada persoa autónoma só poderá adquirir un máximo de dous vehículos N1 por DNI ou NIF.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas autónomas.
Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.