Axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de innovación - 2021


  • 05/05/2021
  • 07/07/2021
Accede dende aquí

IN848D - Axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de innovación - 2021

Data de publicación: 05/05/2021

Data inicio de solicitude: 06/05/2021

Data remate de solicitude: 07/06/2021

Obxecto

As bases e a convocatoria publicada teñen por obxecto convocar as axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas, destinadas ao financiamento das actividades integradas en plans de Innovación que lles permitan o fortalecemento naquelas áreas que sexan relevantes para a sistematización e internacionalización dos procesos de innovación da empresa, e estean aliñados coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.

Características da axuda

Serán actividades subvencionables aquelas incluídas nun plan de innovación que deberá reunir, necesariamente, as seguintes características:

a) Deberá reunir unha serie de actividades que constitúan un conxunto completo e homoxéneo que permita implementar ou incrementar as capacidades innovadoras da empresa solicitante.

b) As actividades incluídas no plan de innovación deben implicar unha ou varias destas opcións, desagregadas no catálogo que se achega como anexo I:

b.1) Actividades de innovación, destinadas principalmente a corrixir deficiencias de mercado relacionadas con externalidades positivas (desbordamento do coñecemento), deficiencias de coordinación e, en menor medida, información asimétrica; estas actividades comprenderán a obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais, o envío en comisión de servizo de persoal altamente cualificado e a adquisición de servizos de asesoramento e apoio á innovación.

b.2) Innovación en materia de procesos e/ou de organización: a aplicación dun método de produción ou subministración nova ou significativamente mellorada (incluídos cambios significativos en canto a técnicas, equipamentos ou programas informáticos), dun novo método organizativo ás prácticas comerciais, a organización do centro de traballo ou as relacións exteriores dunha empresa. 

c) Deberá estar aliñado con algunha das prioridades da RIS3 para Galicia (anexo II)

d) O orzamento subvencionable será dun mínimo de 80.000 euros e dun máximo de 200.000 euros, a presentación dun plan de innovación cun orzamento fóra do rango establecido será causa de inadmisión da solicitude de axuda.

e) A súa duración mínima será dun ano e a máxima estenderase ata o 30 de setembro de 2022, a presentación dun plan de innovación cunha duración fóra do rango establecido será causa de inadmisión da solicitude de axuda.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, conforme as definicións contidas no artigo 2 da orde, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicitan a axuda.

Os beneficiarios das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 20 da presente resolución.


Publicación boletín Ficha sede

Válido dende: 
mércores, 5 Maio, 2021
Válido ate: 
mércores, 7 Xullo, 2021