Axudas ao deseño, para a mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade das empresas, a través do impulso da xestión do deseño estratéxico de produtos, servizos, experiencias e marcas e identidades corporativas - 2021
- 02/07/2021
- 02/08/2021
-
Etapa
IN848E - Axudas ao deseño, para a mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade das empresas en Galicia, a través do impulso da xestión do deseño estratéxico de produtos, servizos, experiencias e marcas e identidades corporativas - 2021
Data de publicación: 02/07/2021
Data inicio de solicitude: 03/07/2021
Data remate de solicitude: 02/08/2021
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto publicar bases e convocar as axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas, destinadas ao financiamento de actividades de deseño, para a mellora das capacidades de innovación e sustentabilidade das empresas en Galicia, a través do impulso da xestión do deseño estratéxico de produtos, servizos e marcas e identidades corporativas, aliñados coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia (Programa DeseñaPeme).
Características da axuda
O obxectivo destas é incorporar o deseño estratéxico nas pemes beneficiarias, é dicir, os seus procesos e o pensamento creativo propio do deseño, na xestión do negocio. Esta convocatoria de axudas será unha ferramenta para facilitar o obxectivo de mellorar a posición das empresas, e fomentar entre elas a adopción do deseño no marco empresarial como un valor estratéxico, que proporciona innovación aos produtos e aos servizos, aos soportes en que estes se presentan ao mercado, e que contribúe a fixar unha imaxe das empresas diferenciada e moderna, nun contorno cada vez máis competitivo e globalizado.
Serán actividades subvencionables, aquelas incluídas no Proxecto de deseño para a innovación e sustentabilidade que deberá reunir como mínimoas seguintes características:
a) Introduciranse un conxunto de actividades que constitúan un conxunto completo e homoxéneo de fases que permita implementar ou incrementar as capacidades de deseño da empresa solicitante.
b) As fases, coas súas actividades correspondentes, incluídas no Proxecto de deseño para a innovación e sustentabilidade relativas a cada un dos ámbitos de deseño obxecto desta convocatoria, deben implicar o desenvolvemento das opcións desagregadas para cada un dos ámbitos do deseño:
Deseño de produto.
Deseño de servizos e experiencias.
Deseño de marca e identidade corporativa.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, conforme as definicións contidas no artigo 2, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicitan a axuda..