Programa II. Axudas ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) - 2022
- 21/02/2022
- 30/09/2022
-
Etapa
TR340E - Programa II. Axudas ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) - 2022
Data de publicación: 21/02/2022
Data inicio de solicitude: 22/02/2022
Data remate de solicitude: 30/09/2022
Obxecto
Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria dos incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.
As axudas destínanse a sufragar as accións, gastos e pagamentos establecidos en cada modalidade, que se produzan e realicen entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022, dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa, coas particularidades que se establezan neste programa para cada modalidade.
Características da axuda
As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
c) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Persoas beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos na orde para cada tipo de axuda.