Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas - 2022
- 04/04/2022
- 30/09/2022
-
Etapa
PR937A - Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas - 2022
Data de publicación: 04/04/2022
Data inicio de solicitude: 05/04/2022
Data remate de solicitude: 30/09/2022
Obxecto
A Resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
Características da axuda
Para promover a creación e o desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e da súa descendencia que se establezan na Comunidade Autónoma galega, establécese unha contía da subvención de 6.000 euros.
O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:
a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 3.000 euros. Para estes efectos, enténdese por concello rural aquel que non conta con ningunha zona densamente poboada a nivel de parroquia (ZDP) segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística. Para estes efectos, considéranse concellos rurais todos os concellos galegos agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.
O importe máximo da subvención concedida será de 10.000 euros
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma galega:
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.