Subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal - 2022


  • 23/05/2022
  • 23/06/2022
Accede dende aquí

CO300C - Subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal - 2022

Data de publicación: 23/05/2022

Data inicio de solicitude: 24/05/2022

Data remate de solicitude: 23/06/2022

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de decembro de 2021 ata a data límite de xustificación, pola incidencia que nos sectores do comercio e da artesanía teñen tanto o período de rebaixas de inverno como a campaña de Nadal, que son para moitos establecementos o momento idóneo para o lanzamento de novas propostas comerciais, en establecementos e a través da canle dixital.

Características da axuda

Considéranse actuacións subvencionables:

1. Liña de dixitalización comercial.

2. Liña de modernización comercial. Considéranse actuacións subvencionables a adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, que deberán ser en todo caso de primeiro uso; en concreto, maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal, así como outra maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal que melloren o deseño e a calidade do produto final.

A porcentaxe da subvención será o 80 % dos investimentos máximos subvencionables.

O solicitante poderá solicitar, no prazo de dez días hábiles desde a notificación da concesión da subvención, o pagamento anticipado, que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, de ata un 50 % da subvención concedida, coa obriga de constituír garantía no caso de subvencións superiores a 18.000,00 euros en los términos previstos.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvenciónsas persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
luns, 23 Maio, 2022
Válido ate: 
xoves, 23 Xuño, 2022