Axudas do Certame Nacional de Mocidade Emprendedora - 2022
- 14/06/2022
- 12/07/2022
-
Etapa
BDNS 633084 - Axudas do Certame Nacional de Mocidade Emprendedora - 2022
Data de publicación: 14 de xuño de 2022
Data de inicio solicitude: 15 de xuño de 2022
Data de remate solicitude: 12 de xullo de 2022
Obxecto
As axudas reguladas por esta convocatoria teñen por obxecto apoiar á mocidade que lideran proxectos innovadores e viables, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun na data límite da presentación das solicitudes, con independencia do sector no que se promovan. Para isto, aos dez primeiros seleccionados lles será concedida unha axuda económica que les facilite a consolidación do proxecto de empresa promovido por cada un deles.
Características da axuda
A dotación económica da axuda para cada un dos dez primeiros seleccionados é de 20.000€.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas físicas mozas con residencia legal en España e que non superen os 35 anos de idade na data límite de presentación das solicitudes.