Axudas do Certame Nacional de Mozos Emprendedores - 2023
- 21/06/2023
- 19/07/2023
-
Etapa
BDNS 704156 - Axudas do Certame Nacional de Mozos Emprendedores
Data de publicación: 21 de xuño de 2023
Data de inicio solicitude: 22 de xuño de 2023
Data de finalización solicitude: 19 de xullo de 2023
Obxecto
As axudas reguladas por esta convocatoria teñen por obxecto apoiar á mocidade que lideran proxectos innovadores e viables, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun na data límite da presentación das solicitudes, con independencia do sector no que se promovan. Para isto, as dez primeiras persoas seleccionadas lles será concedida unha axuda económica que les facilite a consolidación do proxecto de empresa promovida por cada unha delas.
Características da axuda
A dotación económica da axuda para cada unha da dez primeras persoas seleccionadas é de 20.000€.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas físicas mozas ou xurídicas con residencia legal en España e nacionalidade española.
Cando se trate de persoas físicas estas deben ter residencia legal e permiso de traballo en España, e que non superen a idade de 35 anos na data límite da presentación das solicitudes.
Cando o proxecto sexa realizado por unha persoa xurídica, a solicitude debe ser presentada polo representante legal da dita persoa xurídica, quen en ningún caso debe superar os 35 anos. Asimesmo, deberán presentar declaración responsable de que o capital social pertence maioritariamente (51%) a persoas mozas que non superen os 35 anos. O domicilio social e o ámbito de realización da actividade principal do proxecto que se presente, deben estar, en todo caso, en territorio español.