Axudas aos plans de innovación en procesos e organización (innovapeme) - 2024
- 13/02/2024
- 13/03/2024
-
Etapa
IN848D- Axudas aos plans de innovación en procesos e organización (innovapeme) - 2024
Data de publicación: 13/02/2024
Data de inicio solicitude: 14/02/2024
Data de remate solicitude: 13/03/2024
Obxecto
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, destinadas ao financiamento das actividades integradas en en plans de innovación en procesos e organización.
Características da axuda
Os plans de innovación estarán constituídos por un conxunto completo e coherente de actividades enfocadas a implementar melloras significativas nas funcións empresariais relacionadas coa produción, prestación e distribución de produtos, bens e servizos, así como nos métodos organizativos e prácticas comerciais empregadas pola empresa, e que permitan incrementar a capacidade innovadora dando lugar a diferenzas substanciais, non exclusivamente tecnolóxicas, coas prácticas anteriores.
O desenvolvemento destas actividades permitirán incrementar a capacidade innovadora das empresas, introducindo innovacións significativas que melloran a eficiencia produtiva e das que se deriven vantaxes competitivas no mercado tanto cuantitativas coma cualitativas. As actuacións deben circunscribirse ao estudo, deseño, posta en marcha e validación das innovacións a nivel de pilotos ou demostrativos, coa finalidade de diferenciar estes das implantacións con carácter produtivo e comercial na empresa, que terían a consideración de actuacións e custos correntes.
1) Actividades de innovación.
2) Innovación en procesos.
3) Innovación en organización.
A contía máxima da axuda que pode ser concedida a cada persoa beneficiaria determinarase sobre o investimento total que se subvenciona e será conforme os límites de intensidade indicados a continuación:
Orzamento da actuación: De 50.000€ a 150.000€ cunha subvención de 25.000€ e ata 75.000€, o que supón unha intensidade da axuda do 50%.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, así como as entidades do terceiro sector de acción social, conforme as definicións establecidas, validamente constituídas no momento da presentación da solicitude, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda.
As entidades do terceiro sector deben ter actividade económica e entrar dentro da categoría económica de peme.