Subvencións do Programa de comercio circular - 2024


  • 13/08/2024
  • 13/09/2024

CO300D - Subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro - 2024

Data de publicación: 13/08/2024

Data inicio de solicitude: 14/08/2024

Data remate de solicitude: 13/09/2024

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto convocar as subvencións para a transformación sostible do sector comercial galego a través do pulo de actuacións de comercio sostible e circular.

Características da axuda

Consideraranse subvencionables as actuacións sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2024 ata a data límite de xustificación establecida.

Actuacións subvencionables:

1. Programa Eco-pack.

Este programa está orientado á redución das cantidades de embalaxe mediante a adaptación do seu tamaño e forma ás dimensións e formato dos produtos, priorizando o uso de materiais reciclados e reutilizables.

Establécense os seguintes investimentos máximos subvencionables:

a) Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:

Persoas beneficiarias Investimento máx subvencionable
Persoas autónomas e pemes de 0 a 10 persoas traballadoras 3.000,00€
Persoas autónomas e pemes de 11 a 50 persoas traballadoras 4.500,00€

b) Asociacións de comerciantes:

Nº de comercios asociados Investimento máx subvencionable
50 - 69 7.700,00€
70 - 99 10.000,00€
>=100 13.300,00€

O investimento mínimo que se vai realizar para que o programa se considere subvencionable ascende a 1.000,00 €.

As porcentaxes da subvención sobre os investimentos máximos subvencionables son os seguintes:

a) Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns: 80 % do investimento máximo subvencionable.

b) Asociacións de comerciantes: 90 % do investimento máximo subvencionable

2. Programa Avanza téxtil.

Este programa está orientado ao impulso dos pequenos produtores do sector téxtil con marca comercial propia.

a) Participación en cursos de formación ou obradoiros de confección téxtil impartidos por escolas públicas ou privadas. En concreto, consideraranse gastos subvencionables: a matrícula e as mensualidades.

b) Adquisición de maquinaria de destrución de téxtil para a súa posterior reutilización.

c) Adquisición de maquinaria e ferramentas de corte e confección.

d) Organización e participación en tendas efémeras pop-ups e showrooms.

Establécense os seguintes investimentos máximos subvencionables:

Actuación subvencionable Investimento máx subvencionable
Participación en cursos de formación 1.200,00€ curso/empregado
Organización de pop-ups ou showrooms 6.000,00€
Adquisición de maquinaria de destrución de téxtil e plásticos para a súa posterior reutilización e adquisición de maquinaria e ferramentas de corte e confección 5.000,00€

A porcentaxe da subvención acadará o 80 % dos investimentos máximos subvencionables.

3. Programa Re-circular.

Este programa está orientado a promover o uso de materias primas e tecidos sostibles na producción téxtil co fin de reducir os residuos xerados polo sector téxtil e favorecer a súa reutilización e a reciclaxe.

a) Adquisición de materias primas e/ou tecidos téxtiles sostibles.

b) Adquisición de accesorios ou fornituras de orixe 100 % reciclado ou 100 % de composición orgánica (cremalleiras, botóns, reberetes, cordas, lazos ou similares).

O investimento máximo subvencionable é de 10.000,00 euros.

A porcentaxe da subvención acadará o 80 % dos investimentos máximos subvencionables.

Persoas beneficiarias

1. Programa Eco-pack.

1.1. Comerciantes retallistas con tenda física: as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os requisitos establecidos.

1.2. Obradoiros artesáns: que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

1.3. Asociacións de comerciantes: que reúnan os requisitos para ter a condición de centro comercial aberto.

En todo caso, as asociacións de comerciantes deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta subvención e estar ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola xunta directiva nos dous últimos exercicios previos a esta convocatoria.

2. Programa Avanza téxtil.

Pemes e persoas autónomas do sector téxtil (deseño, produción e venda de pezas de vestir, calzado e complementos).

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os requisitos.

3. Programa Re-circular.

Pemes e persoas autónomas do sector téxtil (deseño, produción e venda de pezas de vestir, calzado e complementos).

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os requisitos.


Publicación Boletín

Ficha sede electrónica

Válido dende: 
martes, 13 Agosto, 2024
Válido ate: 
venres, 13 Setembro, 2024