Xornada EmprendedorAS no Camiño, o 28 de setembro en A Coruña

O 28 de setembro de 2018, no Salón de Actos da Fundación Paideia na Praza de María Pita, 17 (A Coruña), terá lugar a xornada EmprendedorAS no Camiño, dentro do programa Galicia Camiño Emprendedor.

Nesta xornada, estableceranse referentes próximos e reais de mulleres novas e con experiencia, transmitirase que pequenas iniciativas lideradas por mulleres teñen un maior arraigamento, capacidade e influencia cun exemplar aproveitamento dos recursos. Promoverase a figura da muller como xeradora do cambio cara proxectos máis sostibles, apegados a Galicia e con forza para actuar como embaixadoras da nosa terra; e subliñarase a capacidade de loita e superación que teñen as mulleres e deste xeito farase promoción da figura da muller en postos directivos.

Podes acceder a toda a información da xornada e inscribirte neste enlace.