Publicación do RD 70/2019, polo que se modifican diversas normas do transporte por estrada
O Boletín Oficial do Estado ven de publicar hoxe o Real Decreto 70/2019, de 15 de febreiro, polo que se modifican o Regulamento da Lei de Ordenamento dos Transportes Terrestres e outras normas regulamentarias en materia de formación dos conductores dos vehículos de transporte por estrada, de documentos de control en relación cos transportes por estrada, de transporte sanitario por estrada, de transporte de mercadorías perigosas e do Comité Nacional do Transporte por Estrada.
Este novo Real Decreto ten por obxecto adaptar o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres, aprobado polo Real Decreto 1211/1990, de 28 de setembro, e outras normas regulamentarias ás modificacións introducidas na citada Lei pola Lei 9/2013, de 4 de xullo, pola que se modifica a Lei 16/1987, de 30 de xullo, de Ordenamento dos Transportes Terrestres e a Lei 21/2003, de 7 de xullo, de Seguridade Aérea, así como ás regras e criterios sancionadores establecidos no Regulamento (UE) 2016/403 da Comisión, de 18 de marzo de 2016, polo que se completa o Regulamento (CE) 1071/2009 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta á clasificación de infraccións graves das normas da Unión que ppden acarrear a perda de honorabilidade do transportista, e polo que se modifica o anexo III da Directiva 2006/22/CE do Parlamento Europeo e do Consello.
O enlace ao texto completo se atopa neste enlace