Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social
A Secretaría Xeral de Emprego ven de lanzar a convocatoria da primeira edición de ES-POP UP, un programa de impulso de proxectos de economía social mediante a creación de "pop ups" ou espazos comerciais efémeros apoiado a través do programa Interreg España - Portugal (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).
A través deste programa os proxectos participantes poderán avaliar, medir ou testar dun xeito máis eficiente, cunha experiencia real de mercado, os seus produtos ou servizos así como o seu modelo de negocio.
Esta primeira edición desenvolverase en Ourense os días 13, 14 e 15 de xuño, pero os proxectos participantes recibirán formación e titorización individualizada antes, durante e despois da actividade.
O prazo estará aberto ata o 31 de maio, e seleccionaranse 8 proxectos participantes.
Máis información na páxina web do proxecto, neste enlace