Abertas as inscricións do programa ‘impulsa’ da xunta que dará formación en liderado a 100 mulleres

A Consellería de Emprego e Igualdade abriu o prazo de inscrición no programa formativo de empoderamento e liderado feminino IMPULSA. A actividade, que se desenvolverá de xeito virtual entre o 9 de marzo e o 19 de abril, pretende mellorar a empregabilidade de 100 mulleres, e focalizar a súa atención cara aos sectores emerxentes.

A formación, que se impartirá en modalidade virtual (6 horas á semana), estará conformada por obradoiros, masterclasses, equipos de traballo, sesións de networking e grupos de acción para abordar as novas perspectivas do mercado laboral e dar a coñecer novos enfoques de emprego e autoemprego.

Con temas de tendencia como a Silver Economy (dirixida ás persoas maiores ), a economía circular o turismo rexenerativo, o programa pretende aportar recursos e ferramentas as usuarias, todas elas mulleres galegas de máis de 18 anos.

Por medio desta iniciativa, a Xunta persegue incorporar ás participantes ao proceso de cambio e aprendizaxe en áreas persoais e profesionais, e brindarlles recursos e ferramentas o crecemento profesional e persoal.

A formación completarase coa exposición de relatos de mulleres como referentes e fonte de inspiración para emprender, apostar por cambios e ter ideas.

A organización distribuirá ás 100 participantes en grupos de 25 persoas para traballar de forma personalizada as dinámicas, actividades e tarefas. Están previstos ademais módulos de reforzo albergados na plataforma virtual para afondar e seguir traballando no desenvolvemento de competencias profesionais.

As interesadas poden trasladar as súas consultas por medio do correo electrónico info@fpgft.gal ou no teléfono 981545695 e para máis información e realizar a inscrición, habilitouse a seguinte ligazón: 


Máis información