Publicada a Orde que establece os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais no 2023
O DOG ven de publicar a Orde do 16 de setembro de 2022 da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2023.
En concreto, a devandita orde establece que, os domingos e festivos en que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público durante o ano 2023 son:
– 8 de xaneiro
– 6 de abril
– 25 de xuño
– 26 de novembro
– 3 de decembro
– 8 de decembro
– 10 de decembro
– 17 de decembro
– 24 de decembro
– 31 de decembro