O martes 30 de xaneiro de 2024, ás 10:00 h, no Auditorio Neira Vilas, na Cidade da Cultura, terá lugar unha xornada informativa sobre o Mapa de Axudas da Xunta de Galicia para autónomos/as e pemes.
Novas da oficina do autónomo
22-01-24
O Diario Oficial de Galicia publica dous novos programas de axudas ao emprego autónomo que suman 9,5 millóns de euros, dos que informou hoxe a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, no inicio da VI Semana do Emprendemento da Escola Profesional Santo Cristo que se celebra en Ourense.
19-01-24
Tense publicado no Diario Oficial de Galicia a Orde do 15 de xaneiro de 2024 pola que se regula o exercicio do dereito ao voto das persoas traballadoras por conta allea nas eleccións convocadas para o día 18 de febreiro de 2024 polo Decreto 150/2023, do 25 de decembro, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia, no que se regulan as diversas situaci&oac
09-01-24
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria do programa de axudas á promoción do emprego autónomo que, dotado con 28,9 millóns de euros, inclúe unha partida de 9,6 millóns para financiar ao 100% a cota reducida das novas persoas traballadoras autónomas durante os 12 primeiros meses de actividade.
24-12-23
O 21 de decembro o Boletín Oficial do Estado ten publicado a Orde HFP/1359/2023, de 19 de decembro, pola que se desenvolven para o ano 2024 o método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o réxime especial simplificado do Imposto Sobre o Valor Engadido.