Publicado o RD 240/2026 que modifica a compatibilidade do Ingreso Mínimo Vital cos ingresos de rendas do traballo e da actividade por conta propia

O Boletín Oficial do Estado publica o Real Decreto 240/2026, de 25 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 789/2022, de 27 de setembro, polo que se regula a compatibilidade doIngreso Mínimo Vital cos ingresos procedentes de rendas do traballo ou da actividade económica por conta propia co fin de mellorar as oportunidades reais de inclusión social e laboral das persoas beneficiarias da prestación, 

Con esta modificación o Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones busca fomentar a participación das persoas beneficiarias do IMV en políticas activas de emprego e outras políticas de inclusión que melloren a súa empregabilidade e aumenten as súas posibilidades de inserción laboral.

Nese sentido, e para garantir a efectividade da modificación, prevese unha revisión da eficacia do incentivo ao emprego transcurrido o primeiro exercicio de aplicación desta modificación, detallando tamén os cómputos dos rendementos indicados calculados de acordo coas normas do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.


Máis información