GAIN impulsa o uso dos apoios fiscais dos diferentes instrumentos e opcións dispoñibles, para aproveitar o marco tributario da I+D+i e o seu efecto como instrumento de promoción da investigación, do desenvolvemento experimental e da innovación.
Novas
03-11-20
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.
27-10-20
A Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos Premios Artesanía de Galicia 2020, co obxectivo de recoñecer un ano máis o talento e a traxectoria dos artesáns galegos, así como impulsar o relevo xeracional no sector.
22-10-20
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou un Plan de rescate, dotado con máis de 70 millóns de euros, para axudar á actividade económica de máis de 30.000 autónomos e de 10.000 microempresas.
16-10-20
O obradoiro téxtil de Rir&Co (Allariz) e o taller de coiro de Santiago Besteiro (Monterroso) competirán polo Premio Emprendemento, mentres que a Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, optan ao Premio Promociona para Entidades Públicas polo proxecto Artesanía no Prato




