Subvencións pola contratación de persoas con discapacidade


  • 22/06/2017
  • 02/10/2017
Accede dende aquí

TR343A - Subvencións pola contratación de persoas con discapacidade na empresa ordinaria.

Data de publicación: 21/06/2017

Data inicio de solicitude: 22/06/2017

Data fin solicitude: 02/10/2017

Obxecto:

Fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria, para o ano 2017, das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para a integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, a través do seguinte programa:

- Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria (capítulo II). Procedemento TR343A.

Este programa ten por obxecto incentivar a contratación de traballadores e traballadoras con discapacidade nas empresas ordinarias coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración laboral no sistema ordinario de traballo.

Persoas beneficiarias:

Poderán ser entidades beneficiarias das axudas previstas neste programa os/as empregadores/as e as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídas persoas traballadoras autónomas, sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, fundacións, asociacións e outras institucións sen fin de lucro, que contraten traballadores e traballadoras con discapacidade para prestaren servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos.

Válido dende: 
xoves, 22 Xuño, 2017
Válido ate: 
luns, 2 Outubro, 2017