Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento
- 24/01/2018
- 23/02/2018
-
Etapa
TU503A - Subvencións a entidades privadas para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento (2018).
Data de publicación: 23/01/2018
Data inicio de solicitude: 24/01/2018
Data fin solicitude: 23/02/2018
Obxecto
As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas para a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación a entidades e empresas para a mellora das infraestruturas de establecementos de aloxamento turístico (TU503A).
Características da axuda
Subvención a fondo perdido en réxime de concurrencia competitiva e suxeita ao réxime de mínimis para investimentos a realizar a partires do 1 de xaneiro de 2018 en:
1) Mellora das condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas
2) Mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística
3) Mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría
4) Mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético
5) Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións, así como embelecemento do contorno
6) Renovación de equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento
Persoas beneficiarias
Entidades ou empersas que reúnan os requisitos das bases e que teñan o establecemento clasificado no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.
Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG