Subvencións para proxectos de expansión comercial no sector comercial e artesanal
- 02/02/2018
- 01/03/2018
-
Etapa
IN228A - Subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal (2018).
Data de publicación: 01/02/2018
Data inicio de solicitude: 02/02/2018
Data fin solicitude: 01/03/2018
Obxecto
As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das subvencións para proxectos de expansión comercial (entendida como apertura dun novo establecemento comercial por comerciantes retallistas titulares de establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia que conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompida) e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal.
Características da axuda
Subvención a fondo perdido en réxime de concurrencia competitiva e suxeita ao réxime de mínimis de ata o 50% segundo os distintos tipos de proxectos susceptibles de ser subvencionados.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas físicas que desenvolvan unha actividade comercial en Galicia.
Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG