Axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros cofinanciadas co FEMP (2018)


  • 09/02/2018
  • 08/03/2018

PE120 - Axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros - FEMP (2018).

Data de publicación: 08/02/2018

Data inicio de solicitude: 09/02/2018

Data fin solicitude: 08/03/2018

Obxecto

As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas destinadas á realización de actuacións por parte de propietarios de buques pesqueiros para fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.

Características da axuda

Subvención a fondo perdido en réxime de concurrencia competitiva ata unha contía máxima de axuda do 50% do investimento máximo subvencionable.

As axudas terán como finalidade realizar investimentos que:

1. Limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies (procedemento PE120A).

2. Melloren a hixiene, a saúde, a seguranza e condicións de traballo en buques pesqueiros (procedemento PE120B).

3. En eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático (procedemento PE120C).

4. Aumenten o valor engadido, a calidade dos produtos e a utilización de capturas non desexadas (procedemento PE120E).

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas físicas que sexan propietarias dun buque de 3ª lista, con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia, con seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros, atendendo tamén ás obrigas propias de cada procedemento.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Válido dende: 
venres, 9 Febreiro, 2018
Válido ate: 
xoves, 8 Marzo, 2018