Axudas a transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividade no 2018
- 10/03/2018
- 10/04/2018
-
Etapa
Axudas a transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividade no 2018 (BNDS 388150)
Data de publicación: 09/03/2018
Data inicio de solicitude: 10/03/2018
Data fin de solicitude: 10/04/2018
Obxecto
Estas axudas teñen por obxecto fomentar o abandono da profesión dos transportistas de idade avanzada do sector do transporte público por estrada.
Características da axuda
O otorgamento destas axudas terán en conta como criterios de valoración:
1. A declaración de incapacidade permanente absoluta ou total para o desempeño da profesión
2. A maior idade dos transportistas que a soliciten
As coantías de subvención serán:
1. 5.300 € por cada seis meses completos que lle falten para cumprir a idade de xubilación
2. 30.000 € pola autorización ou autorizacións de transporte público da que fora titular
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas autónomas cunha idade non inferior a 58 anos ou haberlle sido declarada a incapacidade permanente e ser titular dunha autorización vixente de transporte público de mercadorías ou de viaxeiros en autobús.
Neste enlace pode accederse ao texto íntegro da resolución publicada no BOE.