Axudas para implantar a RSE, a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal


  • 28/05/2018
  • 02/07/2018
Accede dende aquí

TR357 - Axudas para implantar a RSE, a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal

Data de publicación: 28/05/2018

Data inicio de solicitude: 29/05/2018

Data fin de solicitude: 02/07/2018

Obxecto

Aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerán as axudas para implantar sistemas de xestión de RSE (código TR357B), a igualdade laboral (código TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (código TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda

Esta orde de convocatoria de axuda estrutúrase en tres liñas de axudas:

Liña I: certificacións de RSE (TR357B). Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial.

Liña II: elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C) nos termos e nos ámbitos definidos no artigo 68 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

Liña III: conciliación da vida laboral, familiar e persoal (TR357D) que, pola súa vez, comprende tres subliñas:

Subliña III.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.
Subliña III.2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. Incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.
Subliña III.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións, entre outras, as persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras.

Neste enlace pode acceder ao texto completo da orde.

Válido dende: 
luns, 28 Maio, 2018
Válido ate: 
luns, 2 Xullo, 2018