Subvencións de valorización de pequenas e medianas empresas da industria forestal galega


  • 07/08/2018
  • 07/09/2018
Accede dende aquí

IN500B -  Subvencións de valorización das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega

Data de publicación: 7 de agosto de 2018

Data de inicio solicitude: 8 de agosto de 2018

Data de remate solicitude: 7 de setembro de 2018

Obxecto

A axuda regulada por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións da Xera dirixidas á valorización, potenciación, innovación e mellora das pequenas e medianas empresas da industria forestal de Galicia.

Características da axuda

Serán subvencionables os proxectos de investimento realizados nos procesos de produción e que teñan como obxectivo aumentar a competitividade mediante procesos produtivos ou técnicas que permitan obter novos produtos ou produtos valorizados favorecendo a minoración do impacto ambiental. En concreto, os investimentos subvencionables son:

a) Compra de maquinaria nova, sempre que estea adscrita a procesos produtivos novos ou a elaboración e fabricación de novos produtos, técnicas de secadura, preparación ou tratamento que supoñan a valorización de produtos existentes, incrementando o seu valor ou a extensión do seu catálogo.

b) Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos a realizar.

c) Tecnoloxías da información e comunicación (TIC) expresamente ligadas aos procesos de valorización ou á produción de novos produtos ou técnicas que incrementen o valor unitario de seus produtos ou o seu catálogo.

d) Outros bens de equipamento que formen parte do activo da empresa e interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto.

e) Proxectos ou estudos de enxeñaría, ou deseño adscritos aos procesos ou técnicas anteriores, semper que se acrediten xunto con investimentos en procesos produtivos.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas traballadoras autónomas.

Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.

Neste enlace pódese tamén acceder á correción de erros publicada con posterioridade á resolución.

Válido dende: 
martes, 7 Agosto, 2018
Válido ate: 
venres, 7 Setembro, 2018