Premios ao comercio galego - 2018
- 13/08/2018
- 15/10/2018
-
Etapa
IN214C - Premios ao comercio galego 2018
Data de publicación: 13 de agosto de 2018
Data de inicio solicitude: 14 de agosto de 2018
Data de remate solicitude: 15 de outubro de 2018
Obxecto
A publicación destas bases teñen por obxecto proceder á convocatoria para o ano 2018 dos premios ao comercio galego co obxectivo de distinguir aqueles comercios que apostan por situar o cliente no centro da súa estratexia, aproveitando todos os recursos á súa disposición co fin de achegarlle a súa oferta.
Características do premio
Os premios do comercio galego contará coas seguintes modalidades:
a) Premio Comercio de Galicia, cunha contía de 3.000 euros.
b) Premio Comercio Provincial, cunha contía de 2.000 euros.
c) Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 1.500 euros.
Os premios do comercio galego distinguirán os establecementos galegos, a nivel provincial e autonómico, que na súa xestión comercial executen accións innovadoras que comporten unha clara diferenciación e unha mellora na fidelización e a personalización do servizo e do produto, para o cal se valorarán a transformación dixital, os servizos engadidos
á propia oferta comercial, accións promocionais especiais e utilización de ferramentas tales como a web, o teléfono e as redes sociais como canles de comunicación e venda e a integración entre as canles en liña e sen conexión.
O Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes elixirase entre aquelas asociacións que poñan en práctica proxectos tecnolóxicos vinculados ao comercio que inclúan presenza na rede, utilización de novas tecnoloxías e incrementen a fidelización e os servizos prestados aos clientes.
Persoas beneficiarias
Poderán optar aos premios do comercio galego as persoas comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.
Cada persoa comerciante presentará unha única candidatura para optar aos premios do comercio galego e marcará na solicitude o recadro correspondente á modalidade provincial a que opta, que virá determinada polo lugar onde se sitúa o establecemento comercial ou, no caso de comercio en liña, polo domicilio social.
Poderán optar ao Premio Iniciativa Dixital, as asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia ou as asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.
Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.