Subvencións a investimentos produtivos, eficiencia, reconversión e servizos de asesoramento das empresas acuícolas - 2019
- 04/12/2018
- 03/01/2019
-
Etapa
PE205F - Subvencións a investimentos produtivos, eficiencia, reconversión e servizos de asesoramento das empresas acuícolas - 2019
Data de publicación: 3 de decembro de 2018
Data de inicio solicitude: 4 de decembro de 2018
Data de remate solicitude: 3 de xaneiro de 2019
Obxecto
Estas axudas teñen por obxecto promover subvencións para investimentos produtivos, incremento da eficiencia enerxética e fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables, e para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura, segundo as seguintes modalidades:
1. Modalidade A: axudas destinadas á realización das actuacións que a seguir se detallan, que teñen por obxecto o fomento dunha acuicultura sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva:
a) Investimentos produtivos na acuicultura.
b) Diversificación da produción acuícola e das especies cultivadas.
c) Modernización dos centros acuícolas.
d) Melloras e modernización relacionadas coa saúde e o benestar dos animais, incluída a adquisición de equipamentos destinados a protexer as explotacións dos predadores salvaxes.
e) Investimentos na mellora da calidade do produto acuícola ou para incrementar o seu valor.
f) Diversificación dos ingresos das empresas acuícolas mediante o desenvolvemento de actividades complementarias.
2. Modalidade B: axudas destinadas a investimentos que aumenten a eficiencia enerxética e fomenten a reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables.
3. Modalidade C: axudas destinadas á obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico, co fin de mellorar o rendemento global e a competitividade das explotacións acuícolas e reducir o impacto ambiental negativo do seu funcionamento.
Características da axuda
A contía máxima da axuda será o 50 % do investimento máximo subvencionable para as empresas que teñan a consideración de microempresas, pequenas ou medianas empresas. Para as grandes empresas a intensidade da axuda será do 30% máximo.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas autónomas que se dedican á realización de actividades de acuicultura en calquera ou todas as súas fases de explotación, cría, cultivo ou reprodución, situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia.
Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.