Procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral - 2019


  • 21/01/2019
  • 11/02/2019
Accede dende aquí

TR305A - Procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral - 2019

Data de publicación: 21 de xaneiro de 2019

Data de inicio solicitude: 22 de xaneiro de 2019

Data de remate solicitude: 11 de febreiro de 2019

Obxecto

Realizar a segunda convocatoria para o ano 2019, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, do procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación (código do procedemento: TR305A) nas unidades de competencia das seguintes cualificacións profesionais:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 300 prazas
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 250 prazas
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 225 prazas
  • Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 225 prazas
  • Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas
  • Docencia da formación para o emprego (SSC448_ 3): 100 prazas
  • Operacións auxiliares de fabricación mecánica (FME031_1): 100 prazas.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias, entre outras, as persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Neste enlace se pode acceder ao texto completo da Orde.

Válido dende: 
luns, 21 Xaneiro, 2019
Válido ate: 
luns, 11 Febreiro, 2019