Programa II: axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas 2019
- 25/01/2019
- 30/09/2019
-
Etapa
TR349F - Programa II: axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas (2019)
Data de publicación: 25/01/2019
Data inicio de solicitude: 26/01/2019
Data fin solicitude: 30/09/2019
Obxecto
As bases regulan o contido e procedemento de tramitación dos incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas, formalizada dende o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019, realizada por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
Características da axuda
Subvención a fondo perdido dende os 3.000 € aos 15.750 € segundo a tipoloxía da persoa traballadora contratada.
Persoas beneficiarias
Todas aquelas persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade e as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.
Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da orde publicada no DOG
Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia