Axudas correspondentes ao Plan de Renovación do parque nacional de maquinaria agrícola (PLAN RENOVE) - 2019


  • 13/04/2019
  • 15/09/2019
Accede dende aquí

BDNS 448463 - Axudas correspondentes ao Plan de Renovación do parque nacional de maquinaria agrícola (PLAN RENOVE) (2019)

Data de publicación: 12/04/2019

Data inicio de solicitude: 13/04/2019

Data fin solicitude: 15/09/2019

Obxecto

La publicación regula o contido e o procedemento de tramitación das axudas correspondentes ao Plan de Renovación do parque nacional de maquinaria agrícola.

Características da axuda

Concesión directa das subvencións estatais destinadas á adquisición dos seguintes tipos de máquinas novas (de acordo co artigo 4 do Real Decreto 704/2017, de 7 de xullo):

a) Tractores.

b) Máquinas automotrices: de recoleción, de aplicación de produtos fitosanitarios e fertilizantes, excluídas cisternas de purín.

c) Máquinas arrastradas ou suspendidas: sementadora directa, aboadora, equipos de aplicación de produtos fitosanitarios, cisternas de purín con sistemas de localización de produto no solo (rexas e discos -para aplicación no solo-, tubos flexibles -mangueiras- ou ríxidos -para aplicación xusto sobre o solo-, así como sistemas de localización de purín no solo independientemente da cisterna).

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas físicas que sexan titulares dunha explotación agraria inscrita no Rexistro Xeral da Produción Agrícola (REGEPA) ou no Rexistro de Explotacións Gandeiras (REGA).

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no BOE

Neste enlace tes máis información na Base nacional de subvencións

Válido dende: 
sábado, 13 Abril, 2019
Válido ate: 
domingo, 15 Setembro, 2019