Apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas - 2019
- 04/06/2019
- 30/09/2019
-
Etapa
IG535A - Apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas - 2019
Data de publicación: 4 de xuño de 2019
Data de inicio solicitude: 5 de xuño de 2019
Data de remate solicitude: 30 de setembro de 2019
Obxecto
Os apoios regulados por estas bases teñen por obxecto tratar de dar resposta ás necesidades de financiamento detectadas nas pemes galegas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes)
Características da axuda
Este apoio atenderá ás seguintes fórmulas:
- a) Préstamos avalados para o crecemento das pemes, co obxecto de favorecer mediante reavais o acceso a préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/ou o circulante estrutural por parte das pemes galegas.
- b) Operacións avaladas para o financiamento de tráfico comercial, co obxecto de favorecer o acceso a novo financiamento operativo, para o tráfico comercial das pemes galegas mediante liñas de crédito específicas para adianto de efectos comerciais e facturas, pólizas de pagamentos a provedores e pólizas de comercio exterior.
- c) Garantías ante terceiros vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos, co obxecto de favorecer a capacidade das pemes para outorgar garantías fronte a terceiros, para garantir o cumprimento de contratos, tráfico comercial ou avais técnicos.
En todas estas modalidades, o apoio do Igape consistente nun reaval de ata o 25 % do risco asumido polas SGR.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias deste apoio, entre outras, as persoas físicas que teñan o seu domicilio fiscal e exerzan unha actividade económica en Galicia.
Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.
Neste enlace dáse máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia.