Préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia - 2019


  • 16/07/2019
  • 31/12/2019
Accede dende aquí

IG408B-  Préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia - 2019

Data de publicación: 16 de xullo de 2019

Data de inicio solicitude: 17 de xullo de 2019

Data de remate solicitude: 31 de decembro de 2019 (ou ata esgotar o crédito orzamentario)

Obxecto

Os préstamos regulados por estas bases teñen por obxecto financiar proxectos empresariais viables para implantar na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran ademais os requisitos específicos establecidos no anexo I para cada modalidade de préstamo.

Características dos préstamos

Estes préstamos atenderá a proxectos financiables que deberán estar vinculados ás actividades establecidas como financiables, que serán as sinaladas no anexo I para cada unha das modalidades de préstamo, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante.

Non serán financiables as meras substitucións de bens sen unha mellora produtiva, os traslados de centros produtivos que non supoñan unha mellora na capacidade produtiva ou na competitividade, os gastos de amortización, o saneamento de contas, nin o financiamento ou o refinanciamento de débedas. 

Entre os conceptos subvencionables se atopan os seguintes:

  • Bens tanxibles cuxo uso previsto pola beneficiaria sexa a produción ou subministracións de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos.
  • Bens intanxibles, tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.
  • Gastos de investigación, desenvolvemento e innovación.
  • Capital de explotación.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas físicas que cumpran cos requisitos fixados no artigo 1 das bases da convocatoria.

Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.

Neste enlace dáse máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Válido dende: 
martes, 16 Xullo, 2019
Válido ate: 
martes, 31 Decembro, 2019