Axudas destinadas a fomentar a inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero - sector forestal - 2019


  • 23/07/2019
  • 23/08/2019
Accede dende aquí

MR466B -  Axudas destinadas a fomentar a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero - sector forestal

Data de publicación: 23 de xullo de 2019

Data de inicio solicitude: 24 de xullo de 2019

Data de remate solicitude: 23 de agosto de 2019

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a fomentar a inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero a través do financiamento da súa contratación por empresas, entidades asociativas e persoas titulares de explotacións do sector forestal (procedemento MR466B) que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade destas axudas reguladas na presente orde é contribuír a que as mulleres vítimas de violencia de xénero acaden unha maior autonomía a través da súa independencia económica co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración social.

Características da axuda

Será subvencionable a contratación con carácter temporal de mulleres vítimas de violencia de xénero inscritas como demandantes de emprego ou de mellora de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, para o desempeño dun posto de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia.

O contrato deberá formalizarse por un período mínimo de 3 meses e máximo de 12 meses.

O contrato poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial. Neste último caso, a xornada terá que ser, polo menos, do 50 % da xornada ordinaria que se estableza no convenio colectivo correspondente.

O número máximo de contratacións que se subvencionarán a cada solicitante será de 4. No caso de non esgotamento do crédito orzamentario, poderá terse en conta un número maior de contratacións por solicitante, atendendo á data de rexistro de entrada das solicitudes. 

A contía da subvención que se concederá ás entidades beneficiarias será, por cada muller contratada a tempo completo, a equivalente á necesaria para sufragar durante o período de contratación, ata un máximo de 12 mensualidades, as retribucións salariais brutas totais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora, na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo convenio colectivo ou normativa laboral aplicable vixente no momento de formular a solicitude e acorde coa súa categoría profesional.

O importe da subvención por cada contratación reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos se concerten a tempo parcial.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as persoas físicas inscritas no Rexistro de Empresas do sector forestal (Resfor), empresas provedoras de material forestal de reprodución dadas de alta no seu rexistro oficialque contraten vítimas de violencia de xénero.

Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica

Válido dende: 
martes, 23 Xullo, 2019
Válido ate: 
venres, 23 Agosto, 2019