Axudas para a incorporación de novas persoas tituladas a actividades de mellora competitiva das empresas - Programa Profesionais 4.0


  • 06/08/2019
  • 07/10/2019
Accede dende aquí

IG502A -  Axudas para a incorporación de novas persoas tituladas a actividades de mellora competitiva das empresas (Programa Profesionais 4.0) - 2019

Data de publicación: 6 de agosto de 2019

Data de inicio solicitude: 7 de agosto de 2019

Data de remate solicitude: 7 de outubro de 2019

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das axudas do Igape para a incorporación de novas persoas tituladas a actividades de mellora competitiva das empresas (programa Profesionais 4.0) e convocar para o exercicio 2019 as ditas axudas en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG502A). Estas axudas están cofinanciadas ao 80% co Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014 - 2020.

O obxecto das axudas é a incorporación, titorizada e con garantías de formación, de novos titulados universitarios e de formación profesional ás empresas ou a outras entidades de soporte, para realizar traballos que melloren as capacidades do tecido empresarial.

Características da axuda

 Serán subvencionables as contratacións laborais e gastos de formación realizados por empresas e organismos intermedios de carácter empresarial que estean dirixidos a executar de proxectos de mellora competitiva (proxectos definidos no punto 2º do artigo primeiro das bases reguladoras).

Os proxectos poderán consistir tanto na execución de plans de mellora competitiva internos das empresas como na prestación de servizos de mellora a terceiros. Neste último caso, os servizos a empresas nos que se integrarán as persoas contratadas non consistirán en actividades permanentes ou periódicas de xestoría ou auditoría (asesoría ou xestión fiscal, contable, laboral, servizos xurídicos periódicos, auditoría, publicidade e outros similares). Os proxectos de mellora deberán desenvolverse en centros de traballo de Galicia.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas traballadoras autónomas con 2 ou máis persoas empregadas por conta allea equivalentes a tempo completo no momento da solicitude e que teñan un centro de traballo en Galicia, no cal se vaia realizar o proxecto.

Publicación DOG Ficha informativa oficina web IGAPE

Válido dende: 
martes, 6 Agosto, 2019
Válido ate: 
luns, 7 Outubro, 2019