Emprendou - Subvencións Proxectos Empresariais e de autoemprego - 2019 - 2020
- 30/11/2019
- 30/06/2020
-
Etapa
483429 - Programa EmprendOu - Subvencións Proxectos Empresariais e de autoemprego - 2019 - 2020
Data de publicación: 29 de novembro de 2019
Data de inicio solicitude: 30 de novembro de 2019
Data de remate solicitude: 30 de xuño de 2020
Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións que outorgue a Deputación Provincial de Ourense, en réxime de concorrencia non competitiva, a persoas físicas que leven a cabo proxectos empresariais e/ou de autoemprego en municipios rurais en declive demográfico da provincia de Ourense durante o exercicio 2019, no marco do proxecto EmprendOu.
Características da axuda
A subvención á que poderán acceder as persoas solicitantes consistirá nunha axuda económica equivalente ao 75 % do salario mínimo interprofesional por cada mes de exercicio efectivo da actividade subvencionada, cun mínimo de 6 meses e un máximo de 12 meses.
Para estes efectos, considerarase salario mínimo interprofesional o vixente en cada momento no que se realice a actividade subvencionada.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas que, a partir do 8 de xaneiro de 2019, desenvolvan actividades empresariais ou profesionais por conta propia nalgún dos municipios recollidos no anexo da convocatoria sempre que cumpran ademais os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 16 anos e menor de 30 anos de idade.
b) Atoparse inscrito no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
c) Ter nacionalidade española ou ser cidadán da Unión Europea ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou de Suíza, ou ser estranxeiro titular dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
d) Estar dado de alta como residente no padrón dalgún dos municipios ourensáns elixibles recollidos no anexo da convocatoria, na data de alta na actividade e durante todo o período subvencionable. O centro de traballo da actividade terá que situarse nese mesmo municipio.
e) Non ter traballado, nin recibido accións educativas ou formativas no día natural anterior ao inicio da actividade subvencionable.
f) Estar dado de alta na Seguridade Social en calquera réxime para o exercicio de actividades por conta propia, ou como exercinte nunha mutualidade colexial, a partir do inicio da actividade subvencionable e durante un período ininterrompido mínimo de seis meses dende o inicio da dita actividade.
g) Estar dado de alta para a actividade subvencionada no municipio elixible no censo de empresarios, profesionais e retenedores da Axencia Estatal Tributaria.