Axudas para a promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países - 2020
- 04/12/2019
- 14/01/2020
-
Etapa
MR440D- Axudas para a promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países - 2020
Data de publicación: 4 de decembro de 2019
Data de inicio solicitude: 5 de decembro de 2019
Data de remate solicitude: 14 de xaneiro de 2020
Obxecto
Publicar a convocatoria do procedemento para subvencionar actividades e medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de tercieros países do seguinte tipo:
- a) Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade que destaquen en particular as vantaxes dos produtos da Unión Europea en termos de calidade, seguridade alimentaria e respecto ao ambiente.
- b) Participación en manifestacións, feiras e exposicións de importancia internacional.
- c) Campañas de información, en particular sobre os sistemas da Unión Europea de denominacións de orixe, indicacións xeográficas e producións ecolóxicas.
- d) Estudos de novos mercados, necesarios para a busca de novas saídas comerciais.
- e) Avaliación dos resultados das medidas de promoción e información.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias, entre outras, as empresas vinícolas (calquera que sexa a súa fórmula xurídica, incluída a de persoa autónoma), considerando como tales aquelas empresas privadas nas que máis do 50 % da súa facturación proveña do sector do viño ou cuxa produción supere os 1.000 hl, de acordo co seu último exercicio fiscal pechado.
Válido dende:
mércores, 4 Decembro, 2019
Válido ate:
martes, 14 Xaneiro, 2020