Axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura - 2020
- 20/12/2019
- 20/01/2020
-
Etapa
PE201B - Axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e acuicultura - FEMP (2020)
Data de publicación: 20/12/2019
Data inicio de solicitude: 21/12/2019
Data fin solicitude: 20/01/2020
Obxecto
As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas destinadas á realización de investimentos para pemes do sector transformador dos produtos da pesca e acuicultura que contribúan a fomentar unha pesca e acuicultura sustentables desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.
Características da axuda
Subvención a fondo perdido en réxime de concurrencia competitiva.
As axudas terán como finalidade realizar investimentos que:
- Contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no ambiente, incluíndo o tratamento de residuos.
- Melloren a seguridade, a hixiene, a saúde e as condicións de traballo.
- Axuden á transformación de capturas de peixe comercial que non se poidan destinar ao consumo humano.
- Se refiran á transformación de subprodutos obtidos das actividades principais de transformación.
- Se refiran á transformación de produtos de acuicultura ecolóxica, en virtude dos artigos 6 e 7 do Regulamento (CE) núm. 834/2007.
- Dean lugar a novos e mellores produtos, novos ou mellores procesos, ou novos ou mellores sistemas de xestión e organización.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas físicas que realicen unha actividade incluída dentro do sector da transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura no momento da solicitude da axuda.
Válido dende:
venres, 20 Decembro, 2019
Válido ate:
luns, 20 Xaneiro, 2020