Programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas - 2020
- 07/01/2020
- 30/09/2020
-
Etapa
TR349T - Subvencións para o Programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas (2020)
Data de publicación: 07/01/2020
Data inicio de solicitude: 08/01/2020
Data fin solicitude: 30/09/2020
Obxecto
Estas bases regulan o contido e o procedemento de tramitación das subvencións en concorrencia non competitiva coa finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.
Por medio desta convocatoria as empresas e persoas empregadoras terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, a contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses e formación por conta allea, que se celebren ou se teñan celebrado dende o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020 con persoas desempregadas menores de 30 anos.
Características da axuda
Inclúense dous tipos de axuda compatibles:
a) Bono de contratación, como subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos (Ata un maximo de 9.000€ no caso de ser unha empresa con máis de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70% e cunha actividade pertencente ao ámbito de sectores estratéxicos definidos)
b) Bono de formación, que de xeito opcional, vai dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo (Ata un máximo de 4.000€ por cada persoa traballadora dada de alta)
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas que contraten a persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co resto de requistos e condicións que se establecen na convocatoria.