Axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas - 2020
- 16/12/2019
- 31/01/2020
-
Etapa
MR361A - Axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas - 2020
Data de publicación: 16/12/2019
Data inicio de solicitude: 17/12/2019
Data fin solicitude: 31/01/2020
Obxecto
Estas bases regulan a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecidas no programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2020.
Características da axuda
Serán admisibles as operacións relativas a investimentos tanxibles ou intanxibles que axuden a acadar, polo menos, un dos obxectivos estratéxicos seguintes:
a) Fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario.
b) Fomentar a sustentabilidade integral das industrias nos seus ámbitos económico, social e ambiental.
c) Fomentar os procesos sustentables desde o punto de vista ambiental a través do aforro de enerxía, a eficiencia enerxética global, a utilización de enerxías renovables e a valorización e tratamento dos residuos.
d) Fomentar a certificación ambiental das instalacións das empresas vitivinícolas.
e) Fomentar a produción ecolóxica.
f) Fomentar os produtos acollidos a réximes de calidade e os pagamentos de uva por calidade.
g) Favorecer o incremento da dimensión empresarial.
h) Favorecer a participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor.
i) Fomentar os investimentos en comercialización.
j) Fomentar a innovación e a implantación de novos produtos e novas presentacións.
k) Impulsar a introdución das tecnoloxías dixitais nas empresas (Industria Conectada 4.0).
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas que exerzan unha actividade económica.