Axudas para adquisición de vehículos taxi adaptados para persoas con mobilidade reducida (eurotaxi) - 2020
- 22/01/2020
- 14/10/2020
-
Etapa
IF303A - Axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (eurotaxi) - 2020
Data de publicación: 22/01/2020
Data de inicio solicitude: 23/01/2020
Data de remate solicitude: 14/10/2020
Obxecto
Estas axudas teñen por obxecto a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi do tipo ECO polas persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N.
Características da axuda
Poderán ser obxecto de subvención os vehículos novos que se adquiran entre o 2 de abril de 2019 e a data de xustificación da subvención establecida na orde que as regula.
Os vehículos haberán de cumprir coas seguintes condicións:
a) Deben estar adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida. Para estes efectos, os vehículos deberán reunir as condicións previstas no Real Decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan os requisitos básicos de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade.
b) Os vehículos deberán ser adquiridos dentro dos prazos fixados na orde.
c) En ningún caso se admitirán como subvencionables os vehículos de segunda man.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta subvención as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos Servizos de Mobilidade competentes.
Para xeraren dereito á axuda, as autorizacións indicadas no punto anterior deberán axustarse ás seguintes regras:
a) Terán que estar domiciliadas en Galicia.
b) Deberán estar vixentes no momento da presentación da solicitude.
c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións das cales sexa titular a persoa solicitante, agás no suposto de que para a mesma autorización a persoa interesada acadase a condición de beneficiario/a con base en convocatorias anteriores de axudas efectuadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para esta mesma finalidade.