Programa do bono renova nos negocios das persoas traballadoras autónomas- 2020


  • 03/02/2020
  • 30/09/2020
Accede dende aquí

TR341S - Programa do bono renova nos negocios das persoas traballadoras autónomas - 2020

Data de publicación: 03/02/2020

Data inicio solicitude: 04/02/2020

Data fin solicitude: 30/09/2020

Obxecto

Fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa do bono renova nos negocios das persoas traballadoras autónomas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade deste programa é a concesión de axudas económicas para a realización dunha remuda xeracional ordenada nos negocios das persoas traballadoras autónomas.

Características da axuda

1. A persoa transmisora terá unha subvención de 5.000€ para compensar os gastos derivados do traspaso.

No caso de que o negocio teña varias persoas donas a axuda consistirá no pagamento desa contía en propocíón a súa participación.

No caso das persoas traballadoras autónomas societarias, para ser beneficiarios desta axuda, a transmisión das accións ou participacións da sociedade debe supoñer o control da sociedade por parte do adquirente, é dicir, posuír máis do cincuenta por cento das accións ou participacións da sociedade.

2. Tamén será beneficiaria da axuda a persoa adquirinte, que terá tres liñas de axudas:

a) Bono asesoramento: A persoa adquirente terá unha axuda consistente no pagamento do 100 % cun límite de 3.000 € dos gastos de asesoramento realizados mediante un contrato, atendendo obrigatoriamente ao establecido no artigo 8º da Orde.

b) Bono formación: a persoa beneficiaria recibirá unha axuda de ata 6.000 € para realizar formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender e así se xustifique.

Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada no prazo comprendido de tres meses antes da alta ata o 31 de outubro de 2020.

c) Bono Inicio de actividade, será unha subvención para os gastos de inicio de actividade que será dunha cantidade de 5.000 € por negocio e terá un incremento de 3.000 € por traballador por conta allea de alta na empresa no momento do traspaso e que se comprometa a manter durante un período mínimo de 2 anos.

Persoas beneficiarias

1. Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cese, e que no momento da transmisión estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio:

a) Que teñan 60 anos ou máis.

b) Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluíndo grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social.

c) As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio.

2. Tamén será beneficiaria da axuda a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no Réxime especial de traballadores autónomos (RETA) tras a súa adquisición.


Publicación DOG Ficha sede electrónica

Válido dende: 
luns, 3 Febreiro, 2020
Válido ate: 
mércores, 30 Setembro, 2020