Axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal - 2020
- 14/02/2020
- 13/03/2020
-
Etapa
MR331A - Axudas para proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal - 2020
Data de publicación: 13 de febreiro de 2020
Data de inicio solicitude: 14 de febreiro de 2020
Data de remate solicitude: 13 de marzo de 2020
Obxecto
As bases regulan as axudas para a realización de accións de cooperación para a implantación de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario, agrícola e forestal.
Características da axuda
As iniciativas de innovación traduciranse na implantación de proxectos piloto ou no desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías nos sectores agrícola, alimentario e forestal e agroalimentario.
O desenvolvemento poderá entenderse tanto na incorporación de novidades como na aplicación de produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías xa existentes en condicións donde tradicionalmente non se utilizaron previamente.
Non obstante, non poderán financiarse proxectos xa realizados en territorios e condicións similares e en ningún caso se financiarán proxectos de investigación básica ou fundamental.
As áreas prioritarias de actuación das iniciativas de cooperación serán as seguintes:
a) Xestión sustentable dos recursos naturais.
b) Sistemas agrarios de produción.
c) Industria agroalimentaria.
d) Cadea agroalimentaria.
e) Bioeconomía.
f) Aplicación das TIC ao sector.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.