Axudas ao investimento para a fabricación de produtos relacionados co COVID-19 (Inviste COVID-19)
- 27/05/2020
- 30/09/2020
-
Etapa
IG415B - Axudas ao investimento para a fabricación de produtos relacionados co COVID-19
Data de publicación: 26/05/2020
Data inicio de solicitude: 27/05/2020
Data fin solicitude: 30/09/2020
Obxecto
Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos de investimento levados a cabo polas empresas galegas que permitan a fabricación de produtos relacionados co COVID-19.
Características da axuda
Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.
As axudas terán como finalidade realizar investimento con produtos relacionados co COVID-19, como os seguintes:
-
Medicamentos (incluídas as vacinas) e os tratamentos, os seus produtos intermedios, os ingredientes farmacéuticos activos e as materias primas necesarias para a súa produción.
-
Produtos sanitarios, equipamentos hospitalarios e médicos (incluídos os respiradores,a roupa e o equipamento de protección e as ferramentas de diagnóstico), así como as materias primas necesarias para a súa produción.
-
Desinfectantes e os seus produtos intermedios, así como as materias primas químicas necesarias para a súa produción.
-
Ferramentas de recollida/tratamento de datos.
O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 100.000 €, excluíndo impostos, taxas e arbitrios. Poderá incluírse o IVE no caso de que este non sexa recuperable
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.