Axudas a transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividade - 2020


  • 11/06/2020
  • 13/07/2020
Accede dende aquí

Código BDNS 509329 - Axudas a transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividade - 2020

Data de publicación: 11 de xuño de 2020

Data inicio de solicitude: 12 de xuño de 2020

Data fin solicitude: 13 de xullo de 2020

Obxecto

A publicación regula as axudas para fomentar o abandono da profesión dos transportistas de idade avanzada do sector do transporte público por estrada.

Características da axuda

As axudas outorgaranse de acordo coas consignacións orzamentarias dispoñibles. As contías para cada persoa beneficiaria serán as seguintes:

a) Se a persoa beneficiaria tivese unha idade inferior a sesenta e cinco anos, 5.300 euros por cada seis meses completos que lle falten para cumprir a idade de sesenta e cinco anos. O cómputo dos semestres completos farase a partir do 1 de xuño. As persoas beneficiarias ás que se declarou incapacidade permanente absoluta ou total para o desempeño da profesión habitual de transportista non percibirán cantidade algunha por este concepto, con independencia da súa idade.

b) Pola autorización ou autorizacións de transporte público das que fose titular, 30.000 euros.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas físicas transportistas por estrada dando preferencia a quen teña declarada unha incapacidade permanente absoluta ou total para o desempeño da profesión habitual de transportista.

En canto ás demais persoas beneficiarias elaborarase unha relación por orde descendente de idade, outorgándose ás que ocupen os primeiros lugares na relación de beneficiarias así elaborada.


Publicación BOE Ficha informativa na sede electrónica

Válido dende: 
xoves, 11 Xuño, 2020
Válido ate: 
luns, 13 Xullo, 2020