Axudas PEL Relevo creación de emprego para a mocidade - 2020


  • 04/08/2020
  • 31/08/2020
Accede dende aquí

BDNS517943 - Axudas PEL Relevo creación de emprego para a mocidade - 2020

Data de publicación: 4 de agosto 2020

Data inicio de solicitude: 4 de agosto de 2020

Data remate de solicitude: 31 de agosto de 2020

Obxecto

As bases teñen por obxecto convocar as axudas PEL Relevo destinadas a empresas e empregadoras legalmente establecidas nos territorios rurais definidos da provincia de A Coruña e que inclúan nos seus cadros de persoal a mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil co ánimo de favorecer o relevo xeracional no tecido empresarial do territorio rural.

Características da axuda

A finalidade destas axudas é apoiar ao tecido empresarial rural na contratación laboral de mozos e mozas en situación de desemprego e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e empadroados en concellos de menos de 10.000 habitantes da provincia da Coruña.

A contía da axuda por cada novo/a traballador/a xove será igual ao resultado de multiplicar o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) do ano vixente por 0,5 e polo número de meses de permanencia na empresa/empregadora que recibe e xustifica a axuda (sempre que sexa superior a 6 meses).

Persoas beneficiarias

As axudas van dirixidas ás pequenas, medianas empresas, microempresas e/ou persoas autónomas (empregadoras), promotoras de iniciativas empresariais sustentables que, con anterioridade á data da publicación da convocatoria desta axuda, desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro, calquera que sexa a súa forma xurídica e que teñan domicilio fiscal e/ou centro de traballo nun concello da provincia da Coruña de menos de 5.000 habitantes ou de entre 5.001 e 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo.


Publicación bases Publicación convocatoria

Válido dende: 
martes, 4 Agosto, 2020
Válido ate: 
luns, 31 Agosto, 2020