Axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i (Programa Talento Sénior) - 2021
- 15/03/2021
- 18/05/2021
-
Etapa
IN858A - Axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia nas empresas 2021
Data de publicación: 15/03/2021
Data inicio de solicitude: 16/03/2021
Data remate de solicitude: 18/05/2021
Obxecto
Esta publicación ten por obxecto convocar as axudas do programa Talento sénior da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás empresas e organismos de investigación non universitarios en Galicia, destinadas ao fomento da contratación durante un período mínimo de 3 anos de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.
Este programa ten, entre os seus obxectivos, a atracción e retorno de investigadores doutores ou profesionais de alta cualificación con máis de 5 anos de experiencia profesional para desenvolver a súa carreira profesional en empresas e centros de investigación, así como estimular a demanda no sector público e privado de profesionais de alta cualificación para acometer proxectos de I+D+i.
Características da axuda
Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria as contratacións de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia que se formalicen desde o día 1 de xaneiro de 2021 ata o 1 de outubro de 2021, ambas inclusive, coas seguintes características:
a) As actividades de I+D+i que realice o persoal de alta cualificación contratado deberán desenvolverse en centros de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e estar aliñadas cos retos e prioridades estratéxicas establecidos na RIS3 para Galicia (anexo IV).
b) O contrato de traballo que se formalice poderá ser indefinido ou de duración determinada mínima de 36 meses e deberá ser a tempo completo.
c) A retribución salarial anual bruta que vai percibir cada profesional de alta cualificación contratado deberá figurar expresamente no contrato e non poderá ser inferior a 40.000 euros.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarios destas axudas, entre outras, as empresas, de calquera tamaño, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia.