Programa I: Incentivos á contratación por conta allea e á formación - 2021


  • 26/07/2021
  • 30/09/2021
Accede dende aquí

TR342C - Programa I: Incentivos á contratación por conta allea e á formación - 2021

Data de publicación: 26/07/2021

Data inicio de solicitude: 27/07/2021

Data remate de solicitude: 30/09/2021

Infografía informativa

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións en forma de incentivos:

1. Ás contratacións indefinidas iniciais, incluídos os fixos descontinuos, realizadas desde o 1 de outubro de 2020 e ata o 30 de setembro de 2021, con persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social desempregadas segundo o establecido no artigo 5 da orde de convocatoria.

2. Ás contratacións temporais que se formalicen desde o día 1 de outubro de 2020 e ata o 30 de setembro de 2021, ambas inclusive. con persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social desempregadas segundo o establecido no artigo 5 da orde de convocatoria.

Características da axuda

Inclúe catro tipos de axudas compatibles:

1. Incentivos á contratación indefinida inicial, por medio da cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

2. Incentivos á contratación temporal, por medio da cal se proporcionará unha subvención para a contratación temporal de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

3. Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos só no caso das persoas mozas, mulleres e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

4. Incentivos á formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial e temporal por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Persoas beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen na orde.


Publicación DOG

Publicación corrección de erros

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
luns, 26 Xullo, 2021
Válido ate: 
xoves, 30 Setembro, 2021