Kit Digital - Axudas destinadas á dixitalización de empresas do Segmento I - 2022


  • 26/02/2022
  • 31/12/2024
Accede dende aquí

Programa Kit Digital - Axudas destinadas á dixitalización de empresas do Segmento I - 2022

Data de publicación: 26 de febreiro de 2022

Data de inicio solicitude: 15 de marzo de 2022

Data de remate solicitude: 31 de decembro de 2024 - nova data

Aviso! Red.es publica a Guía de presentación de solicitudes para facilitar a solicitude da axuda do Segmento I.

Obxecto

As subvencións reguladas e convocadas por esta resolución teñen por obxecto promover a mellora da competitividade e o nivel de madurez dixital das empresas e persoas en situación de autoemprego comprendidas no citado Segmento I, seleccionando, en réxime de concesión directa, os beneficiarios das axudas mediante un procedemento de concorrencia non competitiva, de acordo co artigo 62 da Real Decreto-lei 36/2020, do 30 de decembro, aplicando o criterio establecido no artigo 16 das Bases Reguladoras e conforme ao disposto no apartado sexto da Convocatoria.

Características da axuda

As axudas ("bono digital") desta Convocatoria teñen a consideración de subvención directa, outorgadas mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, e consistirán en disposicións dinerarias destinadas a financiar a adopción de solucións de dixitalización dispoñibles no mercado cuxas referencias se atopen accesibles no Catálogo de Solucións de Dixitalización do Programa Kit Dixital, regulado no artigo 12 das Bases Reguladoras.

O importe máximo de axuda por beneficiario será de doce mil euros (12.000 €), ao estar dirixidas unicamente ao Segmento I.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas empresas (segundo o establecido no Anexo I do Regulamento (UE)  n.º 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado) e persoas en situación de autoemprego, cuxo domicilio fiscal estea situado en territorio español, comprendidas no Segmento I (Pequenas empresas entre 10 e menos de 50 persoas empregadas) que establece o artigo 7.2 das Bases Reguladoras.


Publicación BOE

Publicación modificación convocatoria Segmento I BOE

Publicación modificación data fin Segmento I BOE

Ficha informativa sede electrónica

Bases reguladoras

Modificación I bases reguladoras

Modificación II bases reguladoras

Modificación III bases reguladoras

Ampliación prazo

Válido dende: 
sábado, 26 Febreiro, 2022
Válido ate: 
martes, 31 Decembro, 2024