Subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 21-22 - Programa O teu Xacobeo 2022


  • 16/03/2022
  • 18/04/2022
Accede dende aquí

TU300A - Subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 21-22 (Programa O teu Xacobeo) 2022

Data de publicación: 16/03/2022

Data inicio de solicitude: 17/03/2022

Data remate de solicitude: 18/04/2022

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas a proxectos de promoción e dinamización con motivo da conmemoración do Ano Santo Xacobeo 21-22 que se celebren entre o 1 de maio e o 31 de outubro de 2022, co obxectivo principal de colaborar na programación sociocultural do Xacobeo 21-22 para a promoción e potenciación de Galicia, así como para o reforzo á dimensión internacional do Camiño de Santiago e da propia Comunidade Autónoma, tales como: exposicións, mostras, intervencións, exhibicións, concertos, feiras e festivais, publicacións, creacións audiovisuais, talleres, xornadas de formación, conferencias, charlas, encontros, foros, actividades deportivas dirixidas, torneos, mostras gastronómicas, catas e degustacións, actividades de formación e intercambio, e outras.

Características da axuda

As actividades que terán que ser de nova creación ou, de ser o caso, unha reedición dun proxecto presentado ou executado ao abeiro das anteriores edicións do programa O teu Xacobeo, e desenvolveranse dentro dos seguintes ámbitos e disciplinas:

Ámbito artístico:

– Artes visuais.

– Deseño e moda.

– Cinema e documental.

– Música: clásica, popular, tradicional, músicas do mundo e outras.

– Artes escénicas: teatro, danza, novo circo e outras.

Ámbito de patrimonio e pensamento:

– Patrimonio material: arquitectura, arqueoloxía, etnografía, xeografía, topografía e outras, sempre e cando se trate de proxectos de divulgación académica, quedando excluídos aqueles que consistan na realización de obras propiamente ditas ou traballos de campo.

– Patrimonio inmaterial: antropoloxía, tradicións, oficios, artesanía, gastronomía, enoloxía e outros.

– Cultura científica e editorial: publicacións, conferencias, estudos, foros, seminarios, intercambios con expertos, xornadas formativas, libros.

Ámbito deportivo:

– Torneos.

– Eventos deportivos especiais.

– Actividades dirixidas ao aire libre, e relacionadas co benestar e coa vida activa, respectuosa coa contorna e coa natureza.

Ámbito social:

– Programas de voluntariado en todas as súas dimensións

– Programas sociais e educativos no campo da igualdade, da inclusión social e da participación cidadá.

Os proxectos presentados deberán desenvolverse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e adherirse, polo menos, a algún dos obxectivos do Xacobeo 21-22, establecidos na Resolución.

Establécense unhas porcentaxes máximas de financiamento dos proxectos e unha achega máxima por proxecto. No caso das entidades privadas, un máximo do 60% do orzamento subvencionable cun límite de 18.000€.

Persoas beneficiarias

Entre outras, poderán participar nesta convocatoria as persoas físicas (traballadores autónomos) e persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que están comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme).


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
mércores, 16 Marzo, 2022
Válido ate: 
luns, 18 Abril, 2022