Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas (Bonos Activa Comercio) - 2023


  • 08/05/2023
  • 01/09/2023

CO301B - Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas (Bonos Activa Comercio) - 2023

Data de publicación: 08/05/2023

Data de inicio solicitude: 09/05/2023

Data de remate solicitude: 01/09/2023

Obxecto

Esta Orde ten por finalidade conceder as axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.

Así mesmo, por medio desta orde procédese á súa convocatoria para o ano 2023 e á apertura do prazo de adhesión dos comercios interesados.

Características da axuda

Por medio da orde subvencionarase a compra de bens, a través dos bonos Activa comercio, nos establecementos comerciais retallistas de Galicia adheridos ao programa.

As vendas subvencionadas serán as que se realicen nas datas fixadas nas bases reguladoras.

Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 30 € para as compras realizadas nos comercios adheridos. Poderase usar cada bono ata o seu esgotamento ou, se é o caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.

O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada de acordo cos seguintes criterios:

– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.

– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.

– Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Todas estas contías enténdense co IVE incluído.

Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa bonos Activa comercio deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal indicando a seguinte información:

• Nome e apelidos ou razón social.

• Establecemento comercial en Galicia.

• NIF.

• Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante.

• Nome comercial.

• Enderezo do establecemento comercial.

• Número de teléfono móbil.

• Correo electrónico.

• IAE principal (incluído no anexo I).

• IBAN da conta bancaria.

• Páxina web do establecemento comercial.

Poderán adherirse ao programa bonos Activa comercio os establecementos comerciais retallistas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia (establecemento comercial en Galicia) e reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.

b) Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas de conformidade co previsto no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

c) Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I da orde.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que realicen as actuacións establecidas no artigo 5 das bases reguladoras.

As axudas entenderanse concedidas co troco dos bonos polas persoas usuarias.

Válido dende: 
luns, 8 Maio, 2023
Válido ate: 
venres, 1 Setembro, 2023